Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de abril de 2019

Contacontos- familia de Gema


Este mércores visitounos a familia de Gema.
O seu pai contounos un conto moi divertido, inventado por él mesmo, "El erizo Mariano".

Para contalo, axudouse dun power point, que a nai de Gema nos foi pasando na pizarra dixital, a medida que transcurría a historia.


O protagonista é o ourizo Mariano, e trata sobre a importancia de colaborar e axudarse. Mariano aprendeu que hai que facer caso ó que din os maiores e tamén, que os amigos son moi importantes e nos axudan cando os necesitamos.






Como despedida, fixémonos unha fotiño con Sandra e Antonio e nos agasallaron cuns globos que antes de marchar Gema se encargou de repartir.




Gracias familia!!

mércores, 5 de decembro de 2018

As nais de Gema e Mauro nos contan "Un conto de Nadal".


O luns 3, como comezo do mes de Decembro e como preparación para estas semanas pre navideñas, Diana e Sandra, nais de Mauro e Gema, visitáronnos para contarnos un conto moi chulo de Nadal, un clásico,  "Conto de Nadal".




Utilizando unhas marionetas elaboradas por elas e un escenario con luces e todo, cautivaron a nosa atención  mentres narraban a historia.


E como remate, unha canción de Nadal que todos xuntos bailamos, facendo soar uns cascabeis cos que nos agasallaron.






Para ver  máis fotos, pulsa na seguinte imaxe.


Moitas gracias Sandra e Diana! 
Pasámolo moi ben!!

mércores, 21 de novembro de 2018

Hoxe tivemos un contacontos moi especial!!





Hoxe recibimos a visita da nai de Gema e a de Mauro, que representaron un conto "A bruxa e o zapateiro e o xastre" e que contaron coa axuda da avoa de Mauro.


 Ademáis,  ó rematar o conto puidemos desfrutar dunha pequena sesión de maxia por parte da bruxa, que nos deixou a todos ben sorprendid@s!!



Incluso Mauro tiña preparado un truquiño de maxia e o levou a cabo moi moi ben.


 E de despedida, polas risas e aplausos recibidos, un agasallo de recordo que nos tiñan reservado.


Moitas gracias mamás e avoa !!!












Para ver máis fotos premede na seguinte imaxe.




https://www.flickr.com/photos/ceipparadacampano/albums/72157703643733035/page2/






ENTRADAS