O luns 3, como comezo do mes de Decembro e como preparación para estas semanas pre navideñas, Diana e Sandra, nais de Mauro e Gema, visitáronnos para contarnos un conto moi chulo de Nadal, un clásico, "Conto de Nadal".
Utilizando unhas marionetas elaboradas por elas e un escenario con luces e todo, cautivaron a nosa atención mentres narraban a historia.
E como remate, unha canción de Nadal que todos xuntos bailamos, facendo soar uns cascabeis cos que nos agasallaron.
Para ver máis fotos, pulsa na seguinte imaxe.
Moitas gracias Sandra e Diana!
Pasámolo moi ben!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario