domingo, 9 de decembro de 2018

Investigación dos leóns- Carolina agárdanos cunha sorpresiña.



Esta semana Carolina estaba agardándonos cunha sorpresiña.



Tiña para nós, unhas fotografías, que despois de velas todas, caímos na conta de que se trataban de fotos de FELINOS, animais da mesma familia que os LEÓNS e tamén os seus nomes.

Emparellamos cada foto co seu nome, recordamos un pouco o que descubríramos dalgúns deles, lendo os libros que trouxeron algúns compañeiros e logos nos agrupamos nos equipos cooperativos para plasmalo no mural.









En cada equipo debíamos falar para escoller dúas, e logo pegalas no mural, escribirlle o nome e un dato característico dese animal.


























Ademáis algúns compañeiros trouxeron contos de leóns, e algunha información que buscaron en casa e nalgúns destes libros averiguamos cousas interesantes.


Na información que trouxo Mauro averiguamos que os leóns cando se fan maiores, moi velliños pásalles na melena que os pelos se lles oscurecen.




Tamén limos que son mamíferos, buscamos a definición e a anotamos no mural da investigación e montamos a palabra con letras móbiles, facéndoo antes entre todos na pizarra dixital.





Outra cousa que averiguamos é que son CARNÍVOROS.
O equipo super heroínas e super heroes ofreceuse a responder a este mural. Para iso buscaron en google que comen e logo anotáronno no mural e nolo contaron.




E cada un de nós o anotou no dossier dos leóns, recortando e pegando as fotos dalgúns dos animais que son alimento dos leóns. E tamén montamos a palabra carnívoros.



Tamén montamos un puzzle en papel dun león. Montalo primeiro libremente foi moi doado, pero á hora de pegalo en papel tiñamos que encadrar ben as pezas e calcular ben onde empezar a pegar a primeira para que non se saíra ningunha do folio.




E aínda nos quedan cousiñas por averiguar e por facer; vos iremos contando!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS