xoves, 6 de decembro de 2018

A nosa porta de Nadal



Con motivo da chegada do Nadal, decoramos a nosa porta.
Primeiro fixemos unha choiva de ideas, de cómo decorar a porta, a clase, o corredoiro-
Entre todos suxerimos: Luces, árbore, bolas, estrelas, boneco de neve, Papá Noel e agasallos.


Comezamos polo boneco de neve, que creamos entre todos. Empezou un compañeiro debuxando algo do boneco, e chamou a outro compañeiro para que continuase e así sucesivamente ata o último, que rematou o debuxo.


Unha vez rematado, ó longo da mañá, por turnos, o fomos perfilando e coloreando.



Ata que o tivemos listo para pegar na nosa porta.


Así seguimos dialogando sobre cómo completar o resto de mural. Con agasallos!!


Nos recantos, polos que rotamos, todos debuxamos polo menos un agasallo. 


Xa noutra sesión, debuxamos bolas e estrelas para a nosa mini árbore que Ángela montou con paos de madeira
ademáis de copos de neve.


E así de navideña quedou!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS