sábado, 15 de decembro de 2018

Despedindo o outono



Este venres fixemos unha actividade para ir despedindo o outono.
A través dunha estructura cooperativa, a do "folio xiratorio", pero sin folio nin lápices, creamos entre todos os membros de cada equipo unha paisaxe de outono, con diferentes materiais da aula, desde pezas de construccións, animais, elementos da natureza e materiais de refugallo como tapóns.








Cada compoñente do equipo debía colocar 2 ou 3 cousas de cada vez para ir formando a paisaxe.





 Cada vez que un compañeiro intervía, os demáis esperaban sentados e a verdade é que a pesar dos momentos de espera, ningún equipo quería rematar a actividade cando se acababa o tempo.




O rematar fixemos unha fotografía de cada paisaxe, e recollimos todo o material para que o seguinte equipo puidese facer a súa.





A próxima semana veremos na pizarra as catro paisaxes e falaremos en torno a elas.



Esta actividade a fixemos nos recantos, rotando. Mentres un equipo participaba nisto, outro estaba no recanto de ordenador, outro cos animais e outro confeccionando unha postal navideña.


Cando remataba o tempo establecido, soaba unha campá e debíamos pasar ó seguinte recanto.

Hai unhas semanas tamén tentamos crear unha paisaxe outonal, pero nesta ocasión non había estructura cooperativa e o resultado moi moooi diferente e bastante máis caótica.
 Que importante organizarse ben!


Ademáis neste trimestre, en torno ó outono fixemos outras actividades, como  vocabulario e poesía nova que todos sabemos recitar moi moi ben. Moitos días xogamos a recitala en parellas, é moi divertido. 
Algúns compañeiros trouxeron elementos da natureza como follas, castañas, landras, paos, ourizos....



e o clasificamos para telo máis organizado.


O incorporamos  a momentos de xogo na zona de construccións.


Pintamos follas con témpera



que logo pegamos nun mural do outono


aproveitando o mural que fixeramos con pompas de cores.

Prantamos landras, contamos contos e vimos videos relacionados co outono.





Creamos debuxos de paisaxes de outono, seguindo unha consigna con pictogramas, nas que nos marcaba, qué cantidade de cousas debíamos debuxar de cada: caracois, nubes, árbores, paxaros.... e a choiva.
E a pesar de ser unha consigna igual para todos, é incrible o diferentes que resultaron as representacións de cada un.





Ó rematar cada un  lle  puxemos  un  título  ó seu debuxo.





Agora, a ver  que de experiencias nos agardan coa chegada do inverno!!



















Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS