martes, 23 de abril de 2019

Unha mañá chea de sorpresas




Esta mañá o noso compañeiro Alejandro agasallounos con algo moi especial que a súa nai confeccionou nestas vacacións para nós.


Tratábase duns xogos de facer parellas ou de memoria, feitos con distintos símbolos celtas.




En total son cinco xogos distintos, diferenciados cada un pola cor das tarxetas, para poder telos clasificados e gardados.

Alejandro nos dixo que era un para cada equipo, catro, e un a maiores para os recantos.

Encantáronnos!!!

E despois de rematar a tarefa do día, xa os estrenamos.






Moitas gracias Sheila!!

Este tipo de xogos nos encantan así que lle daremos moito uso!


Ademáis a nosa compañeira Ana, preparou nas vacacións unas marionetas en papel para suxeitar nos dedos, que tamén nos gustaron moito e Ana nos dixo moi orgullosa mentres as repartía, que o fixo todo todiño ela sóa!!





Gracias Ana!!! E noraboa por todo o que traballaches para compartilo con nós!






Ademáis todos estabamos ansiosos por falar de todas as cousas que fixemos nestas vacacións:
viaxes a diferentes lugares,  reencontró con primos e amigos que están lonxe, a praia, parques de atraccións, cine, caídas ......sucederon moitas cousas nestes días.


Cecilia contounos que estivo no monte Tecla de A Guarda, onde visitou os castros celtas e ensinounos algunhas fotos que fixo alí coa súa familia.





Así recordamos que alí tamén estiveron algúns compañeiros como Mauro ou Ariadna, que recoñecían o que aparecía nas fotos. Cecilia elixiu unha para imprimir e pegar no noso mural dos Celtas.


Tamén hoxe recordamos que o venres iremos ó Museo de Pontevedra e ó teatro.
Canta actividade!!!


E recibimos unha carta de Rufiño explicándonos que hoxe era o DÍA DO LIBRO e que para celebralo, en canto a chuvia marche, levaremos a biblioteca ó patio para ler relaxados ó aire libre durante varios recreos.
Que ilusión nos fixo!!!



E a mañán aínda deu para moito máis.
Recordamos o último experimento que levamos a cabo, OS LÍQUIDOS QUE NON SE XUNTAN,





 e cubrimos o dossier.




E no desdoble a metade quedamos na aula en robótica, e por parellas fomos indicando con distintas tarxetas, o percorrido que queríamos que beebot fixera.
O máis importante era que tiñamos que verbalizar cada orde e estar ben atentos para indicala ben, sobre todo cos xiros, a dereita e a esquerda.









Mañán o outro grupo levará a cabo esta actividade.

Pero que mañá máis intensa!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS