sábado, 22 de xuño de 2019

Algunhas cousiñas acontecidas nas últimas semanas




Nestas últimas semanas aconteceron moitas cousas.

Brais, de 5º visitounos para contarnos un conto, que xa contara na biblioteca e o fixera tan tan ben, que lle propuxemos  vir á nosa aula de Infantil. Nesta ocasión, contouno sen libro, xesticulando e dramatizando e gustounos moitísimo!!

Bravo Brais, tes futuro como contador de historias!!



Outro día tamén asistimos a un contacontos por parte de Rocío, unha nai da ANPA, que nos tivo en suspense ata o último momento, co conto "No abras este libro".



Ademáis, María, a compañeira inseparable de Rufiño e coordinadora da Biblioteca, fíxonos entrega das medallas e unhas golosinas pola nosa participación no Xogo das Civilizacións.

Como esperabamos este momento!!





Tamén empezamos a organizar o baile para o festival, que faríamos todos os nenos e nenas de infantil xuntos e sorteamos que animal representaríamos cada un.



Outro día, recibimos a visita sorpresa da nai e a irmá de Nayra que nos quixeron presentar a súas mascotas, dúas tartarugas, que levan xa uns anos con elas.







Tamén fixemos a excursión a Apípolis, o luns 17.
Premede na foto, para ver a entrada da saída.



Na última semana tamén fixemos unha visita ás aulas de primeiro e nos dixeron cal será a nosa, a que vedes nafoto.



Os compañeiros/as de primeiro nos contaron que cousas fan, que é o que máis lles gusta (a maioría dixeron que as matemáticas) e os xogos e xoguetes que teñen.




Ademáis nos contaron unha historia moi bonita sobre un elefante e o valor da diversidade.
Nós como despedida lles cantamos unha canción relacionada coa temática que nos gusta moito.



Tamén visitamos a outra aula de primeiro, na que está a irmá de Pablo, María Sol, que xunto con outro compañeiro, nos contaron unha historia moi divertida.





Nestes últimos días tamén estivemos preparando o acto de despedida de infantil.
Pensamos e falamos sobre que nos gustaría dicir ese día ás familias.
Tamén nos probamos os gorros que se utilizaron sempre no cole para as despedidas de ciclo e etapa.



Como nos parecían moi serios, todos tan negros, decidimos facer os nosos propios, para o cal eliximos cor e mans á obra!!




Aínda quedan cousiñas...
Nunha próxima entrada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS