A semana pasada participamos na conmemoración do día da PAZ.
Este ano no colexio todos os nenos e nenas prepararon coa mestra de música unha coreografía da canción "All you need is love", que nese día, despois do recreo, levamos a cabo todos collidos das mans, en dúas enormes rodas.
Ademáis, coa música de fondo da canción "Imagine", un neno/a representante de cada curso leu unha frase, tanto en inglés como en galego, dun pequeno poema sobre a Paz.
Da nosa clase Martín encargouse de ler a frase correspondente.
Como nos gustou moito a canción e o baile, decidimos que durante un tempo lle daremos a benvida á semana bailándoa os luns, e a despediremos bailándoa o venres.
E así fixemos hoxe, mirade, mirade...
Como nos gustou moito a canción e o baile, decidimos que durante un tempo lle daremos a benvida á semana bailándoa os luns, e a despediremos bailándoa o venres.
E así fixemos hoxe, mirade, mirade...
Ademáis, todos os nenos/as do colexio enchemos o corredoiro da pranta baixa do cole de debuxos de paxaros, flores, abellas, follas, .......para crear o "xardín da Paz".
Previamente dialogamos e propuxemos un montón de cousas que poderíamos pendurar das ramas do teito: números, letras, copos de neve, flores, follas, bonecos de neve, animais de todo tipo, nubes,.....
Ningún comentario:
Publicar un comentario