Onte, mércores, participamos nun obradoiro moi moi entretido e tamén moi didáctico.
Nel, dúas piratas chamadas MALAPATA e MALAPETA fixeron moitos xogos nos que se trataba de acadar tesouros.
Xogos para coñecer os nomes das cores, animais, partes do corpo.... froitas....en galego.
A través de adiviñas, a expresión corporal e mesmo algún xogo de mesa, desfrutamos e aprendimos un montón.
E os tesouros eran verbas en galego
Cada vez que se superaba unha proba das propostas, se conseguía unha verba que se ía metendo no cofre.
Ó rematar, nos agasallaron cun cofre no que había unha desas verbas, para que na casa o sigamos enchendo de máis e máis verbas en galego!
Encantounos a actividade e ata saímos no xornal!!
Para ver máis fotos premede na seguinte imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario