Unha proposta na que estivemos traballando consistiu en cortar anaquiños de papel crepé de cores, para
cubrir a silueta do animal.
Previamente, utilizando punzón e almofada, cada quen picou a silueta do animal do seu equipo.
Unha vez picada a silueta, utilizamos a parte que quedou oca e pegamos os anacos de papel,
misturándoos con auga....e o finalizar, sacamos os papeliñas e...... MAXIA!!
Outra actividade consistiu en pegar a silueta picada nunha cartolina, e pintar con acuarelas,
cubrindo todo o papel, para ó rematar, despegar a silueta e descubrir o resultado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario