En arte estivemos traballando en torno ao artista Romero Britto. Descubrindo algunhas das súas obras e o seu estilo pictórico. E despoís de moita observación e diálogos en torno a todo o visto, comezamos a traballar nós nas nosas propias creacións.
Eliximos un animal, o decoramos como fai Romero Britto, con todo tipo de liñas, formas e figuras, o pintamos con ceras con moito colorido e o xa pegado nun folio de cor, decoramos o exterior pintando co dedo e con témperas de cores.
Noutra sesión, decoramos con rotulador o interior da silueta do noso animal de equipo e logo o pegamos nunha composición feita con catro rectángulos de cores, que eliximos e pegamos previamente, tendo moito coidado de que encaiaran ben no papel, e nas esquinas, e non foi tarefa sinxela, non vos pensedes.
Decoramos bolsas de tea, nas que levamos os nosos traballos do trimestre.
Para elo, cada quen elixiu unha figura, de entre varias opcións: corazón, flor, bolboreta, círculo, man, olla, casa, estrela, ........ e nun papel creou o seu boceto, decidindo como decorala para logo noutra sesión, facelo na bolsa, con rotuladores e pinturas especiais para pintar en tea.
Tamén descubrimos que Romero Britto ten moitos cadros de retratos de persoaxes famosas e pintados tamén como moitísimo colorido e ademáis de debuxar nós a súa cara, tamén decoramos unha fotografía súa, pintando o fondo con témpera e decorando con rotuladores e ceras as partes da cara.
Na última semana antes de Nadal, fixemos uns cadros moi navideños, con composicións con círculos e triángulos, formando con eles bonecos de neve e árbores de Nadal.
E con material variado dos xogos algúns tamén nos atrevismos a crear ábores de Nadal.
Boas festas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario