domingo, 20 de decembro de 2020

ARTE-- INFANTIL 3 ANOS

 


Nestas últimas semanas participamos nas seguintes propostas


-Creamos cadros terroríficos, decorando con pintura de témpera e pincel diferentes e variadas imaxes de monstros, pantasmas, esqueletes...cada quen escolleu o que máis lle gustaba.









- Fixemos composicións con círculos de diferentes tamaños e cores, e completando con rotuladores.

 







- Pintamos libremente con témpera  de cores e pincel.







 

- Creamos monstros terroríficos , sobre estes fondos elaborados na anterior sesión.




 

- Participamos nunha actividade de Biblioteca, "Ilumina a túa cidade", decorando unha fotografía cun monumento da nosa cidade: a Peregrina.

 Nunha choiva de ideas, entre todos suxerimos como poderíamos facer a decoración: bolas, árbore, regalos, luces, estrela....






 

 

 

- Confeccionamos unha tarxeta de felicitación do Nadal. Estampando a pegada da nosa man, convertimos os dediños en bonecos de neve.

 



Nuns días as poderedes ver!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS