No último día de clases, para despedir o curso como se merece, todos os nenos e nenas de infantil participaron nunha "búsqueda do tesouro".
Cada aula participou en dous grupos, agás os de 4 anos, que por cuestións de tempo, participaron todos xuntos.
Os piratas de infantil estaban organizados por parches de cores e só debían atopar as pistas que tivesen a mesma cor que o seu parche. As cores eran amarela e verde os de 3 anos, rosa e azul os de 4 anos e negra e laranxa os de 5 anos.
O primeiro de todo era ler a mensaxe do mapa do tesouro, na que se nos pedía a todos recitar un pequeno trabalinguas.
E cando o conseguimos, puidemos ler a PRIMEIRA PISTA!
Que nos mandaba a Marta, a nosa conserxe!!
Ela nos entregou a seguinte, que para os de 3 anos era unha imaxe que representaba un anaco dunha flor que enseguida recoñecimos, un XIRASOL!!
Os de 4 e 5 anos tivemos que pensar un pouco máis cunha adiviña que tamén falaba do xirasol.
Xa enseguida soubemos a onde había que ir, á horta!!
Na horta, xusto onde está prantado o xirasol, había unha nova pista e moitos sobres, cada un cun símbolo da cor dos piratas.
Tivemos que facer un puzzle e así descubrir cal sería o seguinte lugar o que ir a buscar outra pista.
A fotografía era do XIMNASIO!!
Alá nos fomos ó ximnasio e xa na entrada atopamos un aviso: "Coidado cos crocodilos"....... tiñamos que seguir un pequeno circuito ata chegar ao lugar onde nos esperaban os barcos piratas para navegar e atopar outra nova pista.
Esta vez eran espadas os símbolos dos sobres e neles descubrimos os de 3, cunha nova pista que nos levaba ata o PATIO de infantil.
No patio, había unha nota que se nos pedía que nos fixéramos unha foto de grupo.
Os de 3 facendo un tren.
Os de 5 nunha postura divertida coma esta.
Fomos encantados á biblioteca, e alí había unha nota na que nos pedían realizar unha tarefa antes de buscar a seguinte pista.
Tiñamos que cubrir un acróstico co nome de Rufiño.
Cada grupo foi suxerindo e anotando e así quedou.
A seguinte pista era só unha palabra!! ARTE
Tiñamos claro que tiña que ver coa profe Ángela, que é quen nos deu Arte este curso.
E despois de moito pensar chegamos á conclusión de que a pista debía de estar na clase de Ángela de arte ou no seu Museo, como dixo un dos nenos.
Algún compañeiro recordou que moitas veces a vemos gardando os traballos nun lugar que está pretiño dos baños, nuns caixóns........
E así foi!!!
Alí estaba o tesouro!!!!
Que ben o pasamos con todas estas aventuras!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario