domingo, 16 de maio de 2021

ARTE 3 ANOS- OUTRAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO

Vos amosamos algunhas das actividades levadas a cabo en 3 anos.


SOPLADO CON PALLIÑAS










MURAL CONXUNTO PINTANDO Ó RITMO DA MELODÍA "LA PRIMAVERA" DE VIVALDI.


Cada grupo plasmou, pintando por quendas, as pinceladas que a melodía lle inspiraba e así quedaron os murais.

  







CREAMOS CADROS DE FLORES CON COMBINACIÓN DE TÉCNICAS PRÁSTICAS.


Co papel de seda de cores, fixemos boliñas de papel para pegar despois na parte central da flor, a corola.


Con rotuladores decoramos moldes de papel de magdalenas, que serían os pétalos.

Con plastilina verde, modelamos o tallo.


Con trociños de papel de celofán de cores, terminamos de decorar o fondo.








Tamén estivemos coñecendo algunhas obras do artista Joan Miró e facendo as nosas creacións.
Nestes momentos estamos traballando nunha escultura.
Máis adiante vos amosaremos todo o traballo!









Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS