Este venres Carolina tiña un sorpresa para nós.
Unha cartolina na que aparecían as letras do abecedario xunto con símbolos que non coñecíamos.
Pero en seguida nos decatamos de que posiblemente se trataba do alfabeto que utilizaban os celtas- O comprobamos en internet e así foi!
Trátase do alfabeto ogham
Despois de observalo detidamente caímos na conta de que algunhas das nosas letras como a "j", " k", "ñ", "v", "w" ou "x" non aparecían.
Probamos a trazalas con rotuladores e a montalas con regletas e sacarlles unha foto, para poñelas na porta de clase nun mural e así o resto de compañeiros poderán velas e coñecer outro alfabeto diferente, igual que tiñan os exipcios ou os gregos, e que están expostos no corredoiro de primaria.
Vos ensinaremos cando o teñamos rematado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario