Qué ben o pasamos este venres no cole celebrando o Entroido!!
De cando en vez topamos con algún vikingo do que nos tivemos que defender..
Desfilamos co resto de compañeiros do colexio, todos de diferentes civilizacións.
Bailamos unha danza celta: "A danza do oso".
E degustamos os ricos postres que as familias da ANPA nos tiñan preparados, ó fondo do pavillón, ó rematar todos os bailes.
Nesta semana tamén fixemos outras actividades do Entroido, como estas máscaras que daban bastante medo, por si algún día destos nos apetece vestirnos de "choqueiros".
A continuación podedes ver a nosa danza
E premendo na seguinte foto poderedes ver o guapos que estabamos, co noso traxe e o noso escudo.
Ademáis, posamos nun fotomatón moi festeiro!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario