Na primeira sesión de ARTE, experimentamos libremente coa témpera e o pincel, nun mural conxunto no que pintando todos ó mesmo tempo tratamos de respetar as pinceladas e creacións dos compañeiro/as.
Ademáis, ó rematar de pintar, cada neno/a elixiu unha cor para levar a cabo unha técnica prástica, que consistía en botar un montonciño de pintura, cubrilo cun anaco de algodón, e cun martelo dar moitos golpeciños sobre él e descubrir como a pintura salpicaba no mural de distintas maneiras e quedaba estampada.
No primeiro grupo, unha vez rematado e seco, o completamos engadindo lineas con cinta branca, decidindo cada quen por onde quería situala e a lonxitude. Tamén continuamos engadindo pintura para acabar de encher os ocos brancos.
No segundo grupo pintamos do mesmo xeito, variando na gama de cores e o finalizamos pegando anaquiños de trozos de papel de distintas cores, brilos, texturas....e incluso pegando algunha folla...
Estas dúas creacións conxuntas, serán as que decoren os recantos do corredor, de experimentación e creación. E nos servirán tamén para ir expoñendo en papel as distintas creacións que levemos a cabo neles.
De este modo, con estas funcións adquiren un valor social e cultural e nos farán sentir moi orgullosos/as da nosa obra!
De este modo, con estas funcións adquiren un valor social e cultural e nos farán sentir moi orgullosos/as da nosa obra!
Ningún comentario:
Publicar un comentario