Nestes días rematamos de crear os EQUIPOS COOPERATIVOS, falando e pensando nun nome de equipo, creando un cartel que identifica a cada grupo e un panel para autoavaliar as distintas experiencias.
Este material, que aparece na foto de abaixo, o utilizaremos só cando levemos a cabo experiencias cooperativas.
Este foi o proceso:
Nun par de sesións nos xuntamos cada equipo para falar e decidir entre todos como nos chamaríamos, e a continuación escribir o nome nun folio e tamén con letras móviles compoñelo e ilustralo.
A condición indispensable era participar todos na actividade e non impoñer nunca as nosas ideas, senón tratar de chegar a acordos cando non coincidiamos. Incluso na elección de color de folio había que poñerse dacordo.
Ademáis, decoramos a cartolina na que pegamos o noso cartel de equipo, coa pegada dos nosos dedos.
Foi unha actividade totalmente libre na que entre nós escribimos, pintamos, e dispuxemos no espacio os distintos elementos, sen ningunha consigna previa.
Estes son os equipos e os seus respectivos carteis:
PICACHU
LOS SUPER HÉROES Y LAS
SUPER HERORÍNAS
JURASIC WORLD
(temos pendiente de revisar a montaxe do nome coas letras móviles, pois houbo un pouco de confusión......é o que ten un idioma extranxeiro....)
A tarefa foi tan libre que a disposición no papel tamén o é. Xa no 2º trimestre renovaremos os nosos paneis de equipo, seguindo unhas consignas na colocación de cada elemento, diferenciando texto de debuxo, e así ter en conta a necesidade dunha orde no papel para que todo se entenda mellor.
A partir de agora, cada vez que levemos a cabo unha actividade cooperativa, faremos ó rematar a actividade unha pequena reflexión en grupo, que se chama AUTOAVALIARNOS: en torno a dous aspectos:
-se todos colaboramos na actividade.
- se traballamos tranquilos, sen ruídos e voces.
Esta autoavaliación se rexistrará a través do icono dunha cara, que ben pode estar contenta, pensativa ou triste, en función do noso traballo.
Vos seguiremos contando!
Ningún comentario:
Publicar un comentario