Aínda que as operacións de sumar ou restar as levamos a cabo nun montón de ocasións, nas distintas relación que establecemos no noso día a día e de xeito máis natural e intuitivo (cando contamos cantos nenos e nenas hai, cando, cando restamos cantos nenos faltan ese día, cando facemos o reconto a final de mes, dos días de choiva e de sol e nubes....), tamén temos planificadas neste curso actividades concretas para levar a cabo nas sesións de lóxica-matemática e así "iniciarnos" nestas dúas operacións matemáticas.
Nestes días levamos a cabo algunhas, primeiro de xeito manipulativo, para logo trasladalo ó papel.
Seguindo as consignas das tarxetas, construímos casas ou edificios, que tiñan determinado número de pisos e logo as uníamos para formar unha soa máis alta.
Unha vez rematadas as construccións, representamos no papel a operación levada a cabo de xeito manipulativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario