domingo, 11 de novembro de 2018

A voltas cos nomes!!




Prácticamente rematamos a investigación sobre os "nomes dos nenos/as e mestres/as do cole", ademáis de persoal do cole: monitoras do comedor, conserxe e coidadora.
Vos comentamos nunha anterior entrada como foi o comezo. 
Cando xa tivemos todos os nomes escritos e marcados todos aqueles que se repetían un ou varias veces.
Os ordeamos según cantas veces se repetían. Primeiro todos xuntos na aula e logos xa os pasamos a un mural.
 


E por outra parte, recortamaos todos aqueles que non se repetían e polo tanto non tiñan ningunha pegatina vermella.
 


E os pegamos nun enorme saco.

 


Individualmente marcamos aqueles nomes de clase que sí se repetían, para despois representalo nun cadro que se convertiría nunha gráfica.





Pero o que de verdade nos gustaron foron os distintos tipos de gráficas que se poden elaborar no ordenador cun programa informático, que Ángela fixo con nós na pizarra dixital, para poder ver cales son os pasos para facelas.

E....copiando os nomes dos nenos e o número que lle correspondía a cada un, tocabas nunha opción do programa e máxicamente aparecía feita a gráfica!!



De un en un saímos a elixir un tipo de gráfica, pois eran moi variadas: en forma de queixo, con columnas, cilindros, pirámides, puntiños pequenos, grandes bolas que parecían pelotas, conn forma de tea de araña ou algo semellante...quedamos sorprendidísimos!


Individualmente, buscamos o noso nome na gráfica de clase e tamén na gráfica de todos os nenos do cole (nesta última, era tan extensa que non podíamos meter aos compañeiros que non se repetían os seus nomes)





Observamos no mural do corredoiro, que debíamos engadir para completalo e que os demáis o entenderan cando o miraran.


Faltaba poñer algún título explicativo ademáis das gráficas. Decidimos poñer a gráfica de todo o cole e as de infantil, por aulas.





Tamén  nos achegamos  ás aulas de 3 e 4 anos para entregarlles a gráfica correspondente á súa aula e contarlles que nomes son os que máis se repiten na súa clase.





De xeito paralelo tamén confeccionamos un mural expoñendo nel uns traballiños que levamos para casa pedindo que as familias nos explicase cousas sobre o nome de cada neno/a "Por que me chamo así?".



Ademáis  sempre que a xornada o permite, vemos na pizarra a fotografía dalgunha persoaxe famosa que se chame como o encargado do día, e así tamén imos descubrindo as distintas profesións, pois entre estas persoaxes temos: un cantante, un xogador de waterpolo, un cociñeiro, unha pasteleira, unha astrofísica......


Pero isto volo contaremos cando estea rematado!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS