Na clase estivemos a falar de cómo poderíamos chamar ao noso novo blog.
As propostas foron ben variadas:
-OS QUE FAN DE TODO.
-OS RECICLADORES.
-OS FANTÁSTICOS.
-OS CREADORES.
-OS MÁXICOS.
-OS MAGOS-
-OS TRABALLADORES.
Todas veñen a dicir, que andamos todo o día a "enredar", e que mellor nome para describilas que este, ENREDANDO.
A aula é como unha enorme tea de araña na que se crean vínculos e REDES de amizade, de complicidade, relacións de todo tipo, que nos ensinan, e nos preparan para a vida.
Estas redes, forxan a identidade dos nen@s, alimentan a súa autoestima, e serán a base de futuras relacións, e que mellor lugar que a escola para contribuir de xeito constructivo e positivo, sumando experiencias, emocións, coñecementos, soños, ideas...ENREDANDO....
E non olvidedes nunca que, como dicía un dito popular, CADA NENO TEN A SÚA ALMA NO SEU ALMARIO.
Cada neno é un ser único e irrepetible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario