En semanas pasadas, con motivo da chegada do Samaín, nas sesións de arte creamos nos dous grupos uns monstros xigantescos de dúas cabezas. A intención era que nunha das cabezas houbera un oco para meter a nosa e fotografiarnos así.
Previamente os dous grupos elixiron por votación, coa súa profe María, cal sería a forma do corpo do monstro e unha vez decidido, demos comezo.
En cada grupo, se elixiron as cores coas que pintarían o seu monstro.
No primeiro grupo elixiron as cores vermella, lila e negra e o pintaron estampando con esponxas.
No segundo grupo elixiron as cores rosa, verde e amarela e o pintaron estampando con formas de nubes, moi semellantes ao corpo do monstro.
Unha vez estivo seco, o completamos pintando e pegando diferentes partes do corpo: ollos, bocas, orellas, cornos, brazos, pernas......
E así de monstruosos nos quedaron!
Ningún comentario:
Publicar un comentario