Á volta das vacacións de Nadal comezamos coa actividade do LIBRO VIAXEIRO, que este ano titúlase: "De maior quero ser...".
Neses días recordamos, mirando o mural dos nomes nosos e das personaxes famosas que se chaman igual que nós, as distintas profesións que eles tiñan.
Anotamos estas profesións nun mural, para ir rexistrando todas e as que irían xurdindo cada semana co Libro viaxeiro.
Tamén vimos un video das profesións, no que aparecían algunhas que non coñecíamos.
O primeiro compañeiro en levar o libro foi MANUEL, que de maior quizáis queira ser MÚSICO, pois lle encanta a música, bailar e tocar instrumentos.
No traballo que fixo coa súa familia, pegaron unas fotos moi divertidas nas que aparece tocando o piano, a frauta e bailando. E non podía faltar unha foto co seu profe de música, Felipe, co que pasa tan bos ratos.
De xeito paralelo a esta actividade, aproveitamos cada semana para falar do neno/a que leva o libro, o describimos físicamente, e contamos todas as cousas que nos gustan de él/ela, que lle gusta facer, que se lle dan ben.. e o/a debuxamos, fixándonos na roupa que leva posta para tratar de ser o máis detallistas posibles. Tamén decoramos o debuxo coa pegada dos nosos dedos mollada en témpera e estampada nos bordes do papel e a cor que utilizamos é a súa cor favorita.
Ademáis, con todas estas cousas que dicimos do noso compañeiro, escóllense varias para confeccionar un ACRÓSTICO: coas letras do seu nome colocadas en sentido vertical, escribimos palabras que o describen.
Este é o de Manu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario