O seguinte compañeiro en levar o Libro Viaxeiro foi Mario, que nos contou que a él de maior lle gustaría ser FUTBOLISTA.
No seu traballo, Mario nos amosou fotos de él no campo de fútbol, adestrando, e tamén cunha das medallas que acadou. Pois xa gañou algunas delas co seu equipo.
Nos contou a súa familia tamén que lle gusta tanto tanto o futbol, que é igual que o tempo non acompañe ou aparezan outros plans no horario de fútbol, porque él non falta nunca.
Pero ademáis, a Mario gustaríalle ser futbolista PROFESIONAL e nos fixeron chegar algúns datos moi interesantes sobre os DEPORTISTAS PROFESIONAIS e as actitudes e requisitos necesarios.
E así queda reflexada a súa paixón polo fútbol no acróstico que elaboramos entre todos.
Iso sí, os compañeiros xa dixeron que unha cousa hai que corrixila: en vez de goles, temos que escribir golazos!
Mario escolleu o vermello para decorar os debuxos que fixemos de él.
Ningún comentario:
Publicar un comentario