A semana pasada levamos a cabo unha actividade cooperativa baseada nunha "estructura" que nunca levaramos a cabo, que se chama "Pegamentos ó centro".
A actividade que tiñamos que desenvolver, a través desta estructura, era a seguinte:
Debiamos pegar nun cadro e en sentido de arriba a abaixo, unha serie de números, ordeándoos do menor ó maior (0, 2, 4, 6, 8, 10, 12,14).
Pero non se trataba de que cada quen o fixera individualmente dentro do mesmo equipo, senón que o "coordinador/a" do equipo, escollía o número que pensaba que debían pegar e preguntaba aos compañeiros se estabamos de acordo. No momento en que todos estabamos de acordo en que ese era o número correcto para pegar, todos colliamos o pegamento e pegabamos ese número no noso folio, (nesta ocasión non había un folio común para todos) devolvendo o pegamento ó centro e non se continuaba co seguinte mentres todos os compañeiros do equipo non rematasen de facelo.
Non todos seguimos o mesmo ritmo e algo que é sinxelo para un compañeiro, para outro pode resultar moi difícil, e a verdade é que todos tivemos paciencia e soubemos esperar!!
Como era a primeira vez que levabamos a cabo este tipo de estructura cooperativa, e tiñamos que incorporar as súas reglas para levala a cabo axeitadamente, a actividade proposta (ordear os números) era moi sinxela. Era máis importante COMO a levaríamos a cabo máis que o contido propiamente dito.
Cando rematamos levamos a cabo a "autoavaliación".
Esta proposta a fixemos un equipo de cada vez, mentres os outros tres estaban no recanto dos ordenadores, xogo cos animais e xogos de mesa (oca, camiño de Santiago), polos que fomos rotando, para poder participar todos nas catro propostas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario