Feliz ano familias!!
Xa a estas alturas das datas, seguro que todas recibíchedes as postais de Nadal que confeccionamos en clase.
Unha mañá, ó chegar á escola, vimos que Carolina a nosa mascota tiña una bolsiña de tea, con algo gardado dentro.
Descubrimos que se trataba de tarxetas e postais de Nadal e que servían para felicitar as festas ás persoas que temos lonxe, ou non tan lonxe, que son unha mostra de afecto.
Limos algunha e así comprobamos que como as cartas, teñen un saúdo inicial e un final, de despedida, e unha felicitación chea de sinceiros desexos, pero son máis curtiñas.
Ángela propúxonos preparar cada un de nós unha para enviar a casa e gardar o segredo mentres non chegaban.
Como uns pais nos regalaran moitos anacos de fieltro de cores, cada quen creou con este material a súa tarxeta, montando unha árbore de Nadal moi colorida.
E unha vez montada e pegada na cartolina, a decoramos con rotuladores, facendo os adornos da árbore, e escribimos a felicitación, que previamente decidimos entre todos.
escribiu máis.
Así de bonitas quedaron!
Unha vez rematada só quedaba escribir a dirección no sobre e o remitente,
E poñerlle o selo!
E listas para entregar ao carteiro, que pasaría polo colexio a recollelas, xa que non temos un buzón de correos preto da escola.
Qué nervios e emoción mentres agardabamos para entregarllas!!
Agardamos que tivérades unha agradable sorpresa!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario