Ó día seguinte de aparecer os símbolos na aula de música, e levalos a casa para preguntar, o xoves,
a maioría trouxemos a resposta e case todos coincidimos en que se trataba da CIVILIZACIÓN CELTA.
Antes de comezar tiñamos que deixar reflexado no mural das pezas de puzzle a nosa civilización. Pablo nos dixera de pegar estes símbolos, así que, como a nosa peza estaba moi alta, Ángela os pegou xunto cos que nos debuxaramos e coas respostas das familias.
Escribimos en google a palabra CELTAS e vimos imaxes de cómo eran. A encargada, Eva, escolleu una foto, dunha raíña ou princesa celta, para imprimila.
Tamén estivemos falando de máis cousas que podíamos engadir, xa que nos quedaba espacio.
Joel nos propuxo engadir a foto dunha "cidade celta" e Martín, dunha escultura celta.
Algúns de nós coincidimos tamén en pegar fotos de persoas, dos celtas. Como tiñamos a foto que escollera Eva, decidimos que esa será a que peguemos, xunto coa escultura e a cidade, e o faremos o luns.
Ademáis, hoxe pola mañá, cando chegamos, Carolina nos tiña de novo algo preparado,
que Ariadna descubriu na súa boca e limos o que poñía.
Era a palabra MENHIR. Pensamos con qué podía ter relación, se cos leóns, cos celtas ou con outro tema distinto. A maioría estábamos convencidos de que tiña relación cos celtas.
Escribimos en google a palabra e vimos imaxes. Cando Ángela imprimiu a información e nos leu con máis calma o que dicía, descubrimos que estas pedras enormes, eran monumentos que os celtas atoparon cando chegaron aos lugares nos que viviron e as integraron na súa cultura, dándolles un valor moi importante aínda que eles non as construíron.
Agora sí damos comezo ó proxecto dos CELTAS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario