xoves, 17 de febreiro de 2022
mércores, 16 de febreiro de 2022
Recanto de corredor cos de 4 anos!!
Seguimos a desfrutar do recanto de corredor. Estas son as últimas creacións dos de 4 anos.
E prestade atención a como se foi transformando esta creación inicial, segundo se incorporaban novos elementos.
Noutra sesión.
domingo, 6 de febreiro de 2022
Creamos cadros inspirados en Mondrian- Infantil 3 anos
Na aula de 3 anos tamén coñecemos ao artista Piet Mondrian, e nunha sesión, estampando con esponxas e témperas das cores primarias e tamén con cartóns, creamos as nosas obras.
Isto foi xa hai semanas e ahí nos quedamos de momento, xa que houbo moitas ausencias e ata que estemos todos de novo na aula non retomaremos a este autor.
Seguinte actividade de Mondrian- ARTE 4 e 5 anos.
En seguintes sesións continuamos a crear inspirándonos na obra de Mondrian.
Nesta ocasión, a actividade consistía en pegar liñas negras feitas con goma eva ou cartolina negra, creando unha composición e unha vez rematada, pintar esas formas coas cores primarias, pinceles e témperas.
4 ANOS
5 ANOS
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
ENTRADAS
-
O pasado mércores 30 celebramos, coincidindo co día da Paz, o primeiro cumpreanos deste ano 2019. Nayra foi a homenaxeada e a prime...
-
Esta mañá cando chegamos a clase, descubrimos que Carolina tiña unha nota para nós. Dicía na nota que debíamos ir á aula de mús...
-
Na clase estivemos a falar de cómo poderíamos chamar ao noso novo blog. As propostas foron ben variadas: -OS QUE FAN DE...