Na aula de 4 anos adicamos un par de sesións de arte a decorar uns tubos de cartón, que se convertirían en PAOS MUSICAIS.
Cada quen pintou o seu pao elixindo unha ou dúas cores para os dous extremos e na parte central escolleuse outra cor diferente, aínda que algún que outro fixemos un pequeno collage misturando moitas cores 😃
Unha vez pintados e xa secos, cada un pegou plastilina marcando os dous extremos e despois de botar moita cola en ambos lados, sumerximos o tubo en arroz e outras semillas, para que quedasen pegadas na zona onde estaba a cola branca.
E por último, na parte central, que xa estaba seca, estampáronse puntiños de cores.
E así quedaron os nosos paos musicais!!
Agora só falta rematalos coa profe en clase, enchéndoos de moitos elementos sonoros.