Desde a última publicación pasou un tempo xa e nos atopamos no fin de curso.
Aquí vos deixo algunhas das actividades que levamos a cabo nas aulas de Infantil.
Vo verán!!
"AS CINCO MANCHAS DE JOAN MIRÓ"
Como na aula de 3 anos estivemos coñecendo a Joan Miró e algunhas das súas obras, partindo dun conto levamos a cabo unha actividade nas tres clases.
Consistía e salpicar manchas co pincel utilizando témpera aguada de cinco cores, as mesmas do conto (negra, azul, amarela, vermella, verde), aínda que nunha das clases elixiron as cores eles. A partir da mancha movían o papel ou cartolina para facleas seguir o seu camiño e misturarse coas outras.
"LA LÍNEA ES UN PUNTO QUE SALIÓ A PASEAR" PAUL KLEE
Actividade por parellas, nas que de maneira alternada os nenos trazaban unha liña e continuaban o trazo onde rematou o compañeiro. Así nun tempo determinado. Rematada a creación, dividimos o papel en dúas metades e cada neno repasou o trazo con pincel e témpera negra e por último se pintaron con acuarelas e se volveron unir as dúas metades unha vez rematadas para expoñelas xuntas.
"RECREACIÓN E VERSIÓN DO CADRO SENECIO DE PAUL KLEE"
"MURAL CONXUNTO DA PRIMAVERA" 3 ANOS
"ESTAMPACIÓN CON BOTELLAS DE PRÁSTICO PARA CREAR FLORES" 5 anos
Actividade levada a cabo pola mestra en prácticas Andrea.