domingo, 15 de decembro de 2019

INFANTIL 5 ANOS Estreamos os recantos do corredor!



En semanas pasadas os compañeiros de 5 anos estrearon os recantos de experimentación do corredor.

Eles asistirán a estes recantos organizados por equipos e así, como son catro equipos os da súa aula, os luns, xoves e venres participarán neles xunto cos nenos de 3 e de 4 anos. Cada semana lles tocará ou cun grupo ou co outro.

Aquí quedan algunas fotos que reflexan o ben que o pasaron e as súas creacións orixinais.










AQUÍ QUEDAN ALGUNHAS DAS SÚAS CREACIÓNS























domingo, 1 de decembro de 2019

INFANTIL 3 ANOS- Pintamos e estampamos con follas de árbores



Hai unhas semanas, adicamos unha sesión de arte a pintar e estampar con follas de árbores.

Previamente xogamos un ratiño con elas, a facernos cóxegas, acariciarnos, lanzalas e deixalas caer mentres recitabamos unha pequena rima ("Caen caen sen parar e non deixan de bailar).






Logo escollimos cada un de nós unha ou varias para pegar no papel e unha vez decididas dúas ou tres cores de témpera, pintamoa por todo o papel libremente con esas cores, cubrindo tamén as follas.

Ó finalizar e despegar as follas descubrimos que quedaba só sen pintar a silueta das follas que usamos.



Ademáis, como estaban pintadas, as estampamos noutro papel branco, todas as veces que quixemos ata que se lle agotaba ou secaba a pintura que levaban.

E así de bonitos quedaron os nosos cadros das estampacións.







ENTRADAS