Hai unhas semanas, adicamos unha sesión de arte a pintar e estampar con follas de árbores.
Previamente xogamos un ratiño con elas, a facernos cóxegas, acariciarnos, lanzalas e deixalas caer mentres recitabamos unha pequena rima ("Caen caen sen parar e non deixan de bailar).
Logo escollimos cada un de nós unha ou varias para pegar no papel e unha vez decididas dúas ou tres cores de témpera, pintamoa por todo o papel libremente con esas cores, cubrindo tamén as follas.
Ó finalizar e despegar as follas descubrimos que quedaba só sen pintar a silueta das follas que usamos.
Ademáis, como estaban pintadas, as estampamos noutro papel branco, todas as veces que quixemos ata que se lle agotaba ou secaba a pintura que levaban.
E así de bonitos quedaron os nosos cadros das estampacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario