No primeiro trimestre traballamos en torno ao pintor Paul Klee.
Coñecimos algunhas das súas obras, observamos os distintos elementos que as caracterizan, formas, cores, paisaxes, retratos... expresamos os nosos gustos en torno a elas, reinterpretamos algunha, pintamos libremente outras, utilizamos diferentes técnicas e materiais: estampación con cartóns, acuarelas, ceras manley...
ACTIVIDADE CREATIVA: A liña é un punto que saiu a pasear- por parellas, de xeito alterno, trazar unha liña de cada vez, continuándoa onde a deixou o compañeiro/a ata chegar a unha creación conxunta, a maior parte das veces abstracta. Repartimos a obra partíndoa pola metade e cada quen pintou con manley a súa e ó finaliar poñía un título.
ACTIVIDADE CO CADRO "O MENSAXEIRO DO OUTONO" Xogamos a pensar con esta obra. Realizamos unha primeira parte estampando con cartóns e esponxas rectangulares, con témperas de distintas cores e tonalidades que observamos na obra.
Nunha seguinte sesión, demos ás nosas obras o noso toque persoal, engadíndolle cor ao aoutono, con papeis de seda e follas coas cores do outono, pintandoas con bastonciños de algodón.
Se premedes na seguinte foto poderedes ver as nosas creaciónns.
ACTIVIDADE: ACUARELA: Pintamos libremente con acuarelas de cores. Unha segunda sesión pintamos outra das obras de Klee, titulada "Senecio", observando que cores utilizou.
Así quedaron as nosas acuarelas de temática libre. Preme na seguinte imaxe.
Nunha próxima entrada vos contamos as actividades restantes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario