Deixo algunhas ideas de xogos e actividades psicomotrices.
PERCORRIDO COAS PEGADAS DOS PÉS (OU CALQUERA OUTRO ELEMENTO SOBRE O QUE PISAR), EN DIFERENTES POSICIÓNS: DE FRENTE, DE LADO, UN SÓ PE, COAS PERNAS MÁIS ABERTAS, MÁIS PEGADAS...
METER TODAS AS BOLAS POSIBLES (PODEN FACERSE CON PAPEL OU PLASTILINA) DENTRO DUN CADRADO PINTADO NO CHAN CON CITNTA, BARRENDO CUNHA VASOIRA OU CEPILLO.
DESPLAZARSE SOBRE UNS "ZANCOS" CONFECCIONADOS CON MATERIAIS DE REFUGALLO, POR EXEMPLO CO BOTE DE NESQUICK E LÁ OU CORDA.
DESPLAZARSE SOBRE RAIAS PINTADAS NO CHAN OU FEITAS CON CINTA OU CON LÁ..
DESPLAZARSE LEVANDO UN OU VARIOS OBXECTOS NA MAN.
EQUILIBRIO PARADOS E EN MOVEMENTO: COLOCAR ALGÚN OBXECTO NA CABEZA E CRONOMETRAR CANTO TEMPO AGUANTAMOS SEN QUE NOS CAIA. FACER O MESMO DESPLAZÁNDONOS POR UN PERCORRIDO NO QUE PODE HABER ALGÚN OBSTÁCULO.
TENTAR LEVAR O OBXECTO NA CABEZA, ARRASTRÁNDONOS POLO CHAN, OU BEN ANDANDO A CATRO PATAS E LEVÁNDOO NAS COSTAS SEN QUE CAIA.
DESPRAZARSE DANDO SALTOS EN ZIG ZAG.
O CHAN QUEIMA: CONSTRUIR UN CAMIÑO DUN SITIO A OUTRO DA CASA SEN TOCAR NO CHAN. PODES UTILIZAR SILLAS, TEAS, COXÍNS, PAPEIS, TODO O QUE SE CHE OCURRA.
DUELO DE PINZAS: CONSISTE EN COLOCAR POLA ROUPA DO CORPO UN NÚMERO DETERMINADO DE PINZAS, CADA XOGADOR E TRATAR DE SACARLLAS ÓS DEMÁIS E QUE NON NOS QUITEN A NÓS NINGUNHA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario