sábado, 31 de outubro de 2020

ARTE 3 ANOS- EXPERIMENTANDO

 

Nestas primeiras sesións de arte, levamos a cabo actividades e propostas nas que os nenos e nenas expresaron libremente cunha serie de materiais e técnicas, sen ningún fin en sí máis que o de experimentar e crear libremente.

 

1- RASGAR PAPEL DE XORNAL E FACER UNHA COMPOSICIÓN COS PEDAZIÑOS RASGADOS XUNTO CON OUTROS PAPEIS DE CORES.




 

 

 

 

 2- PINTAR CON XICES E BASTONCIÑOS MOLLADOS EN TÉMPERA DE CORES



 

3- FACER COMPOSICIÓNS ESTAMPANDO FORMAS CIRCULARES DE DIFERENTES TAMAÑOS- en cada equipo, cada un elixía unha cor e transcurrido un tempo cambiábase co neno da dereita, e así todos estamparon con todas as cores.
 






 

4- PINTAR UNHA FOLLA SECA CUNHA COR DE TÉMPERA E ESTAMPALA NUN FOLIO PARA DEIXAR A SÚA PEGADA.










5- PINTAR CON ACUARELA UNHA MÁSCARA PARA O SAMAÍN E DECORALA CON TROCIÑOS DE PAPEIS DE CORES.







luns, 12 de outubro de 2020

ARTE 5 ANOS- MURAIS COLABORATIVOS

                                No  mes de setembro  levamos a cabo na sesión de arte unha actividade colaborativa, na que cada equipo comezaba pintando con pincel e cunha cor de témpera (que se botou a sortes) e transcurrido un tempo determinado, ese equipo debía desplazarse co seu pincel e o seu bote de pintura a outra mesa que se atopaba ó lado. Se fixeron 4 cambios en total, de modo que cada equipo pintou nos cinco murais (dos cinco equipos), seguindo como consigna principal respectar as creacións dos compañeiros/as.

        En cada cambio se daba unha pequena indicación (pintar formas circulares, liñas rectas e curvas, deixar a pegada do pincel,....).


        Este foi o proceso e podedes ir observando comol os diferentes murais se ían transformando con cada cambio.







                                

                                                                CAMBIO








 

                                        

                                                                    2º CAMBIO









                                                                               3º  CAMBIO

 





                                                                           
 
 
 4º  CAMBIO- MURAL REMATADO 
 
Puidemos  observar que aínda que todos participamos na creación de todos os murais, o "resultado" foi moi diferente en cada un. E o proceso, que é o máis interesante, caracterizouse polo desfrute e o pracer de expresar e comunicar a través dun pincel, de pintura e do intercambio co outro.
 
 





 

    OBSERVAMOS OS CADROS E COMPARTIMOS COS DEMÁIS O QUE NELES VÍAMOS E TODO AQUILO QUE A NOSA IMAXINACIÓN NOS PERMITÍA VER.


ENTRADAS