No mes de setembro levamos a cabo na sesión de arte unha actividade colaborativa, na que cada equipo comezaba pintando con pincel e cunha cor de témpera (que se botou a sortes) e transcurrido un tempo determinado, ese equipo debía desplazarse co seu pincel e o seu bote de pintura a outra mesa que se atopaba ó lado. Se fixeron 4 cambios en total, de modo que cada equipo pintou nos cinco murais (dos cinco equipos), seguindo como consigna principal respectar as creacións dos compañeiros/as.
En cada cambio se daba unha pequena indicación (pintar formas circulares, liñas rectas e curvas, deixar a pegada do pincel,....).
Este foi o proceso e podedes ir observando comol os diferentes murais se ían transformando con cada cambio.
1º CAMBIO
2º CAMBIO
3º CAMBIO
4º CAMBIO- MURAL REMATADO
Puidemos observar que aínda que todos participamos na creación de todos os murais, o "resultado" foi moi diferente en cada un. E o proceso, que é o máis interesante, caracterizouse polo desfrute e o pracer de expresar e comunicar a través dun pincel, de pintura e do intercambio co outro.
OBSERVAMOS OS CADROS E COMPARTIMOS COS DEMÁIS O QUE NELES VÍAMOS E TODO AQUILO QUE A NOSA IMAXINACIÓN NOS PERMITÍA VER.
Ningún comentario:
Publicar un comentario