sábado, 18 de decembro de 2021
mércores, 1 de decembro de 2021
RECANTO CREATIVO DO CORREDOR- 5 AN0S
Estas son algunhas das últimas creacións feitas polos compañeiros/as de 5 anos.
"CAMPO DE FÚTBOL"
luns, 29 de novembro de 2021
CREACIÓNS DE OUTONO EN 3, 4 E 5 ANOS
Nas tres aulas creamos obras plásticas con follas de árbores que caíron polo outono.
3 ANOS
Pintamos as follas con témperas e deixamos estampada a pegada no papel.
Ademáis cortamos anaquiños de follas e as pegamos con cola na nosa composición.
4 ANOS
Coas ceras brandas tumbadas sobre o papel e as follas das árbores colocadas debaixo do papel, pintamos suavemente ata obter o debuxo das follas, a súa forma, liñas...
E pegamos anaquiños de follas secas para completar o cadro.
5 ANOS
Ó igual que os compañeiros de 4 anos, pintamos por encima das follas, co papel polo medio
Ademáis, tamén elaboramos unhas paisaxes de outono.
En 4 anos, primeiro fixemos un debuxo con rotuladores, guiado pola profe, que nos ía dicindo o que debuxar, diferentes elementos do outono, algúns deles aportados por nós mesmos.
Os coloreamos con ceras e compretamos a composición estampando cos dedos e con bastonciños de algodón, as follas, das cores do outono.
As cores que utilizamos foron: verde, vermello, amarelo, marrón e laranxa. E cada unha das cores as misturamos con diferentes elementos naturais e alimentos: sal, azucre, fariña e area.
Comprobamos así, que a textura da pintura cambiaba e cando secaron as composicións se puido apreciar claramente ó tocar os cadros cos dedos.
ENTRADAS
-
En 4 anos tamén creamos uns monstros moi chulos para decorar o corredor e dar un pouco de medo!! Primeiro trazamos liñas de todo tipo cos ro...
-
Vos amosamos as últimas creacións que o alumnado de 5 anos levou a cabo con distinto material do recanto de corredor. Deixade voar a vosa i...
-
Neste trimestre estas foron algunhas das actividades nas que participamos: SOPLADO CON PALLIÑA E TINTA CHINA GRAVADO: DEBUXAR EN PO...