luns, 29 de novembro de 2021

CREACIÓNS DE OUTONO EN 3, 4 E 5 ANOS

 Nas tres aulas creamos obras plásticas con follas de árbores que caíron polo outono.

 

3 ANOS

Pintamos as follas con témperas e deixamos estampada a pegada no papel.

Ademáis cortamos anaquiños de follas e as pegamos con cola na nosa composición.





4 ANOS


Coas ceras brandas tumbadas sobre o papel e as follas das árbores colocadas debaixo do papel, pintamos suavemente ata obter o debuxo das follas, a súa forma, liñas...



Logo pintamos con témpera algunhas follas deixando a súa pegada no papel





E pegamos anaquiños de follas secas para completar o cadro.



5 ANOS 

Ó igual que os compañeiros de 4 anos, pintamos por encima das follas, co papel polo medio




E rematamos a composición engadindo follas enteras pintadas coas témperas e anaquiños partidos coas mans ou coas tixeiras. Pintamos coas témperas arredor das follas...
Deixamos voar a imaxinación e quedaron unhas composicións moi orixinais e persoais.





Ademáis, tamén elaboramos unhas paisaxes de outono.

En 4 anos, primeiro fixemos un debuxo con rotuladores, guiado pola profe, que nos ía dicindo o que debuxar, diferentes elementos do outono, algúns deles aportados por nós mesmos.









Os coloreamos con ceras e compretamos a composición estampando cos dedos e con bastonciños de algodón, as follas, das cores do outono.

As cores que utilizamos foron: verde, vermello, amarelo, marrón e laranxa. E cada unha das cores as misturamos con diferentes elementos naturais e alimentos: sal, azucre, fariña e area.

Comprobamos así, que a textura da pintura cambiaba e cando secaron as composicións se puido apreciar claramente ó tocar os cadros cos dedos.








En 5 anos, para crear a nosa paisaxe cos ratuladores, tivemos que seguir un código con imaxes.
Cada imaxe tiña un número e quería dicir a cantidade que había que debuxar: 1 camiño, 2 nubes, 3 árbores, 4 caracois, 5 pedras.









Compretamos os nosos cadros pintando con acuarelas.











Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS