martes, 16 de novembro de 2021

OS DE 3 ANOS VAMOS NA PROCURA DE RUFIÑO

Mentres durou a confección do complemento de pitiños,  deunes tempo tamén a facer algúns xogos como por exemplo colocarlle o peteiro a Rufiño, cos ollos cubertos e guiados polos compañeiros.




Tamén xogamos cos limpiapipas que utilizaríamos para os tres pelos de Rufiño. Os movimos según as consignas, arriba, abaixo, detrás, diante, escondido en....fixemos cóxegas con eles aos compañeiros e anós mesmos, sopramos, os deixamos caer....os enrugamos, os estiramos...










En canto tivemos os nosos complementos de pitos rematados, subimos á planta de arriba, na procura de 
Rufiño.





Polo camiño ata chegar á biblioteca e tamén na biblio observamos que había debuxos e imaxes con Rufiño.





E por fin o atopamos!!!



Rufiño nos esperaba cunha carta na que nos contou algunhas cousas interesantes sobre él e cunha cesta chea de contos moi bonitos e divertidos.

E nós  lle recitamos a rima do pitiño que aprendimos nestes días pasados.


Un grupo na biblio e outro na clase desfrutamos da lectura de todos estes contós fantásticos.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS