sábado, 20 de marzo de 2021

ARTE 5 ANOS: DEBUXANDO CON TIXEIRAS

 

 Na última sesión de arte creamos dun xeito diferente, "debuxamos con tixeiras". 

E pensaredes vós, que como é esta técnica.

Pois é unha técnica empregada por Henri Matisse, e no seguinte video podedes enterarvos máis.



Despois de visionar algúns dos seus cadros elaborados con esta técnica e de dialogar en torno a elas, puxémonos mans á obra.

 

Como o día 21 é o día dos BOSQUES a temática proposta foi crear un bosque.





 

Traballamos moi concentrados e relaxados, e así quedaron as nosas creacións.


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS