domingo, 16 de maio de 2021

ARTE 3 ANOS- OUTRAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO

Vos amosamos algunhas das actividades levadas a cabo en 3 anos.


SOPLADO CON PALLIÑAS










MURAL CONXUNTO PINTANDO Ó RITMO DA MELODÍA "LA PRIMAVERA" DE VIVALDI.


Cada grupo plasmou, pintando por quendas, as pinceladas que a melodía lle inspiraba e así quedaron os murais.

  







CREAMOS CADROS DE FLORES CON COMBINACIÓN DE TÉCNICAS PRÁSTICAS.


Co papel de seda de cores, fixemos boliñas de papel para pegar despois na parte central da flor, a corola.


Con rotuladores decoramos moldes de papel de magdalenas, que serían os pétalos.

Con plastilina verde, modelamos o tallo.


Con trociños de papel de celofán de cores, terminamos de decorar o fondo.








Tamén estivemos coñecendo algunhas obras do artista Joan Miró e facendo as nosas creacións.
Nestes momentos estamos traballando nunha escultura.
Máis adiante vos amosaremos todo o traballo!









venres, 14 de maio de 2021

ARTE 5 ANOS- MODELANDO


 Na aula de 5 anos, nas sesións de arte estivemos traballando en torno ao artista Alexander Calder. 

Inspirándonos nas súas esculturas, probamos a modelar con limpiapipas e así quedaron as nosas creacións. 



Noutra sesión  tamén experimentamos co papel de aluminio, tentando modelalo para facer as nosas esculturas, e non resultou sinxelo, así que plasmamos a nosa creatividade en papel, combinando este material con rotuladores de cores. 

Preme na imaxe para ver as nosas creacións.




luns, 10 de maio de 2021

ARTE 3 ANOS- CONFECCIONAMOS UN GORRO DE ANIMAL CON ELEMENTOS DE REFUGALLO

 No pasado trimestre fixemos uns gorros utilizando material de refugallo e coa temática dos animais da granxa. 

Unha vez agrupados por animais, comezamos a preparalos.


PASO 1- Primeiro tivemos que pintar o papel de xornal, da cor do animal elixido.







Unha vez secos, e xa coa forma de gorros, o PASO 2 consitiu en pasarlles unha capa de cola para endurecelos e darlles brilo.












O PASO 3 consitiu en pegar o resto de partes da cara do animal (ollos, orellas, cornos, boca..), utilizando tapóns, cartón, oveiras..e dándolles cor.






E así de xeitosos quedaron os nosos gorros, REUTILIZANDO material que de seguro iría para o lixo.


CABALOS (ós que lles engadimos la para as crines).




OVELLAS (ás que lle pintamos a boca).




GALIÑAS




PORCOS




VACAS







ENTRADAS