domingo, 19 de setembro de 2021

PINTANDO O VERÁN....CON GLOBOS! EN 4 E 5 ANOS.

 Esta primeira sesión de ARTE co alumnado de 4 e 5 anos, a adicamos ao verán,

Observamos algúns cadros que xiraban en torno a esta estación, a praia, o calor, o mar,....

Despois de observar todos os cadros chegamos á conclusión de que o nexo común de todos era o verán.


Logo tamén observamos un cadro, que trataba sobre o verán, pero nel non se observaba mar, nin sol, nin praia, area,...non se observaban máis que manchas de cores misturadas e descubrimos así que se trataba dunha obra ABSTRACTA coa que a pintora quixo retratar esta estación.




Despois dun diálogo en torno a esta obra, cores, sensacións.... cada quen creou o seu cadro do verán, escollendo 3 cores cos que lle gustaría pintalo e con globos misturaron as cores.


NEN@S DE 4 ANOS












Nunha próxima sesión remataremos as nosas obras incluíndo nelas algúns elementos. 

Volas mostraremos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS