domingo, 27 de decembro de 2020

INFANTIL 4 ANOS- MÁIS PROPOSTAS ARTÍSTICAS LEVADAS A CABO

 

 

En arte estivemos traballando en torno ao artista Romero Britto. Descubrindo algunhas das súas obras e o seu estilo pictórico. E despoís de moita observación e diálogos en torno a todo o visto, comezamos a traballar nós nas nosas propias creacións.


Eliximos un animal, o decoramos como fai Romero Britto, con todo tipo de liñas, formas e figuras, o pintamos con ceras con moito colorido e o xa pegado nun folio de cor, decoramos o exterior pintando co dedo e con témperas de cores.


 

 

 

 

 Noutra sesión, decoramos con rotulador o interior da silueta do noso animal de equipo e logo o pegamos nunha composición feita con catro rectángulos de cores, que eliximos e pegamos previamente, tendo moito coidado de que encaiaran ben no papel,  e nas esquinas, e non foi tarefa sinxela, non vos pensedes.




 

Decoramos bolsas de tea, nas que levamos os nosos traballos do trimestre.

Para elo, cada quen elixiu unha figura, de entre varias opcións: corazón, flor, bolboreta, círculo, man, olla, casa, estrela, ........ e nun papel creou o seu boceto, decidindo como decorala para logo noutra sesión, facelo na bolsa, con rotuladores e pinturas especiais para pintar en tea.

 





 Foi moi divertido e quedaron moi chulas!!

 

Tamén descubrimos que Romero Britto ten moitos cadros de retratos de persoaxes famosas e pintados tamén como moitísimo colorido e ademáis de debuxar nós a súa cara, tamén decoramos unha fotografía súa, pintando o fondo con témpera e decorando con rotuladores e ceras as partes da cara.






Na última semana antes de Nadal, fixemos uns cadros moi navideños, con composicións con círculos e triángulos, formando con eles bonecos de neve e árbores de Nadal.






E con material variado dos xogos algúns tamén nos atrevismos a crear ábores de Nadal.








Boas festas!!!

domingo, 20 de decembro de 2020

ARTE- INFANTIL 5 ANOS- MODELAMOS CON ARXILA

 

Neste curso adicamos unhas sesións de arte a modelar con arxila, primeiro libremente, desfrutando da textura deste material e deixando voar a imaxinación.

 Despois de moito manipular e crear diferentes formas e figuras, pasamos a crear uns medallóns, debuxando neles con palillos.





Noutra sesión, cando xa secaron, os pintamos con témpera de cores.  












ARTE-- INFANTIL 3 ANOS

 


Nestas últimas semanas participamos nas seguintes propostas


-Creamos cadros terroríficos, decorando con pintura de témpera e pincel diferentes e variadas imaxes de monstros, pantasmas, esqueletes...cada quen escolleu o que máis lle gustaba.









- Fixemos composicións con círculos de diferentes tamaños e cores, e completando con rotuladores.

 







- Pintamos libremente con témpera  de cores e pincel.







 

- Creamos monstros terroríficos , sobre estes fondos elaborados na anterior sesión.




 

- Participamos nunha actividade de Biblioteca, "Ilumina a túa cidade", decorando unha fotografía cun monumento da nosa cidade: a Peregrina.

 Nunha choiva de ideas, entre todos suxerimos como poderíamos facer a decoración: bolas, árbore, regalos, luces, estrela....






 

 

 

- Confeccionamos unha tarxeta de felicitación do Nadal. Estampando a pegada da nosa man, convertimos os dediños en bonecos de neve.

 



Nuns días as poderedes ver!!




ENTRADAS