Seguro que máis de un e unha xa fixéchedes algunha vez PLASTILINA de cores, pero para os que non, ou por si queredes recordar como facela, vos deixo un video no que o explica moi ben.
Nas nosas casas non temos un recanto tan completo como o noso do corredor no que contamos con infinidade de elementos naturais pero sí temos unha cantidade enorme de recursos. Só é cuestión de saber mirar para atopalos!!
Como os de 5 estabamos experimentando en torno ao retrato, vos propoño, non só a eles, senón a todo aquel que lle apeteza, facer CREACIÓNS QUE REPRESENTEN UNHA CARA OU ROSTRO.
O material proposto para levala a cabo: alimentos e elementos naturais (pedras, cunchas, paos, follas, pétalos, herba, area,..).
Aquí vos deixo algúns exemplos, para que collades ideas
Ademáis temos na casa un sinfín de elementos tanto de refugallo como cotiás (tapóns, corchos, paos de xeado, fío, lá, aramio, teas, caixas,......) que tamén nos poden valer para crear, e tamén nos poden quedar unhas creacións moi chulas!
Tamén podedes probar a crear con estes elementos!
SE PARTICIPADES E VOS APETECE QUE SE PUBLIQUEN AS VOSAS CREACIÓNS NO BLOG, SÓ TENDES QUE ENVIAR A FOTO OU BEN ÁS VOSAS MESTRAS OU DIRECTAMENTE AO SEGUINTE CORREO: infantilcampanoangela@gmail.com
Coa situación de aillamento, non está mal que cada día atopemos un momentiño, para facer un pouco de exercicio e contribuir así a manter os músculos fortes e en forma!!
O máis divertido e factible, tendo en conta os nosos espacios de casa, é facelo con música.
Pequenas sesións de quecemento, nas que nos podemos axudar de cancións de todo tipo así como de vídeos con coreografías, de "just dance" ou "zumba", nos que se potencian aspectos como o ritmo e a coordinación de movementos
Aquí vos deixo un video sinxelo por si o queredes practicar cos vosos peques.
Ademáis no cole, algúns días, para quentar facemos un xogo moi simple que lles encanta que se chama SIMÓN DI, no que eu en ocasións e noutras os propios nenos, por turnos, dan unha serie de consignas dun amigo imaxinario, para mover o corpo de moitas formas diferentes, tocar obxectos, cores,..traballar os conceptos espacias...preguntádelles, a ver que vos contan!
Tamén lles encanta facer o quecemento imaxinando que seres fantásticos, como por exemplo dragóns, escupen ademáis de lume, moitas outras cousas perigosas, como dardos velenosos, púas, alento adormecedor, pulgas,....e en cada lanzamento movemos o corpo de diferentes formas para esquivalos. Canta imaxinación teñen!!
Outras ideas de actividades que podemos facer na casa:
-FACER DE EQUILIBRISTAS, SEGUINDO UN PERCORRIDO DUNHA CORDA, LÁ, CINTA. Ese mesmo percorrido o podemos aproveitar para que o fagan coas pernas abertas, desprazándose sobre él, cara adiante, cara atrás, lateralmente.
-REPTACIÓN E GATEADO- Animándoos a que na reptación coordinen axeitadamente movementos de brazos e pernas, dobrando e estirando.
-EQUILIBRIOS. Aproveitando calquera obxecto que teñamos na casa sobre o que facer un desprazamento curto. Desprazarse con algo por riba da cabeza, un coxín por exemplo, sen que caia. Manterse á pata coxa un ratiño e cronometrar canto tempo aguantou. Facelo tamén con algo na cabeza.
-PEQUENOS CIRCUITOS nos que teñan que pasar por debaixo de sillas, ou por debaixo da mesa do salón, e subir a algo e volver a baixar, saltar algún obstáculo, escalar algo blandiño e alto que pode estar montado no sofá, colocar os pes de determinadas maneiras seguindo consignas no chan, como si saltaran na rayuela..
-ACTIVIDADES CON PELOTAS GRANDES E PEQUENAS: con pelotas pequenas se tendes de espuma, apretar forte coa man, relaxar, facéndoo varias veces con cada unha das mans. Encestar en caixas, a diferentes distancias e alturas. Lanzala cara arriba e collela sin que bote., lanzala e collela botando. Pasar a pelota dunha man á outra, pasarlla a outro polo aire, con bote, rodando polo chan, pasarlla co pe.
Como vedes, cousas sinxelas e accesibles que seguramente a maioría xa levastes a cabo, porque algo que necesitan nestas idades é moverse.
Noutras entradas darei outras ideas e tamén haberá máis videos como o de hoxe, por si vos gusta e apetece bailar!!
En seguintes sesións de arte, continuamos a traballar en torno aos retratos.
Coñecimos a Picasso e a través dalgúns dos seus cadros, observamos algunhas características do seu estilo pictórico e a seguinte actividade consitía en
DEBUXAR CADA QUEN CON LÁPIZ UNHA CARA, ELIXINDO 1º, A FORMA QUE TERÍA (ALONGADA, OVALADA, REDONDA, CADRADA, TRIANGULAR,....) E PARA ELO DISPOÑÍAMOS DUNHAS PLANTILLAS EN CARTÓN.
A CONTINUACIÓN, DESPOIS DE REPASALA CON ROTULADOR NEGRO, A PINTÁBAMOS CON TÉMPERA DE CORES, LIBREMENTE, CUNHA SÓA COR OU CON VARIOS.
E POR ÚLTIMO, ESCOLLÍAMOS DIFERENTES OLLOS, NARICES, BOCAS....PARA PEGALAS LIBREMENTE, IMITANDO O SEU ESTILO, UN OLLO MÁIS GRANDE QUE OUTRO, OU O NARIZ ENORME....CON MOITAS ASIMETRÍAS.
Os nosos traballos están no colexio gardados, así que volos amosaremos cando volvamos á escola.
Noutra sesión, traballamos coa lámina "Muller que chora", de Picasso.
Despois de observala, fixémos un diálogo en torno a ela: que ves no cadro?, que está facendo?, cando soubemos que choraba, por que choraría? e vos aseguro que as respostas foron do máis interesante!!
Nesta ocasión utilizamos lápiz e rotulador para o debuxo e ACUARELAS para darlle cor.
Mirade que cadros tan chulos fixemos, as nosas versións ben merecían estar nun museo!!
SE PREMEDES NO CADRO PODEREDES VER CADA UNHA DAS NOSAS CREACIÓNS.