mércores, 25 de marzo de 2020

INFANTIL 5 ANOS- CONTINUAMOS COS RETRATOS




En seguintes sesións de arte, continuamos a traballar en torno aos retratos.

Coñecimos a Picasso e a través dalgúns dos seus cadros, observamos algunhas características do seu estilo pictórico e a seguinte actividade consitía en

DEBUXAR CADA QUEN CON LÁPIZ UNHA CARA, ELIXINDO 1º, A FORMA QUE TERÍA (ALONGADA, OVALADA, REDONDA, CADRADA, TRIANGULAR,....) E PARA ELO DISPOÑÍAMOS  DUNHAS PLANTILLAS EN CARTÓN.

A CONTINUACIÓN, DESPOIS DE REPASALA CON ROTULADOR NEGRO, A PINTÁBAMOS CON TÉMPERA DE CORES, LIBREMENTE, CUNHA SÓA COR OU CON VARIOS.

E POR ÚLTIMO, ESCOLLÍAMOS DIFERENTES OLLOS, NARICES, BOCAS....PARA PEGALAS LIBREMENTE, IMITANDO O SEU ESTILO, UN OLLO MÁIS GRANDE QUE OUTRO, OU O NARIZ ENORME....CON MOITAS ASIMETRÍAS.





Os nosos traballos están no colexio gardados, así que volos amosaremos cando volvamos á escola.



Noutra sesión, traballamos coa lámina "Muller que chora", de Picasso.

Despois de observala, fixémos un diálogo en torno a ela: que ves no cadro?, que está facendo?, cando soubemos que choraba, por que choraría? e vos aseguro que as respostas foron do máis interesante!!

Nesta ocasión utilizamos lápiz e rotulador para o debuxo e ACUARELAS para darlle cor.










Mirade que cadros tan chulos fixemos, as nosas versións ben merecían estar nun museo!!





SE PREMEDES NO CADRO PODEREDES VER CADA UNHA DAS NOSAS CREACIÓNS.

https://www.recursoseducativos.net/software/revistas/index.php?revista=MULLERCHORANDO#/20







Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS