xoves, 26 de marzo de 2020

EMPEZANDO O DÍA CON ENERXÍA!!




Coa situación de aillamento, non está mal que cada día atopemos un momentiño, para facer un pouco de exercicio e contribuir así a manter os músculos fortes e en forma!!


O máis divertido e factible, tendo en conta os nosos espacios de casa, é facelo con música.
Pequenas sesións de quecemento, nas que nos podemos axudar  de cancións de todo tipo así como de vídeos con coreografías, de "just dance" ou "zumba", nos que se potencian aspectos como o ritmo e a coordinación de movementos

Aquí vos deixo un video sinxelo por si o queredes practicar cos vosos peques.



Ademáis no cole, algúns días, para quentar facemos un xogo moi simple que lles encanta que se chama SIMÓN DI, no que eu en ocasións e noutras os propios nenos, por turnos, dan unha serie de consignas dun amigo imaxinario, para mover o corpo de moitas formas diferentes, tocar obxectos, cores,..traballar os conceptos espacias...preguntádelles, a ver que vos contan!

Tamén lles encanta facer o quecemento imaxinando que seres fantásticos, como por exemplo dragóns, escupen ademáis de lume, moitas outras cousas perigosas, como dardos velenosos, púas, alento adormecedor, pulgas,....e en cada lanzamento movemos o corpo de diferentes formas para esquivalos. Canta imaxinación teñen!!


Outras ideas de actividades que podemos facer na casa:

-FACER DE EQUILIBRISTAS, SEGUINDO UN PERCORRIDO DUNHA CORDA, LÁ, CINTA. Ese mesmo percorrido o podemos aproveitar para que o fagan coas pernas abertas, desprazándose sobre él, cara adiante, cara atrás, lateralmente.

-REPTACIÓN E GATEADO-  Animándoos a  que na reptación coordinen axeitadamente movementos de brazos e pernas, dobrando e estirando.

-EQUILIBRIOS. Aproveitando calquera obxecto que teñamos na casa sobre o que  facer un desprazamento curto. Desprazarse con algo por riba da cabeza, un coxín por exemplo, sen que caia. Manterse á pata coxa un ratiño e cronometrar canto tempo aguantou. Facelo tamén con algo na cabeza.

-PEQUENOS CIRCUITOS nos que teñan que pasar por debaixo de sillas,  ou por debaixo da mesa do salón, e subir a algo e volver a baixar, saltar algún obstáculo, escalar algo blandiño e alto que pode estar montado no sofá, colocar os pes de determinadas maneiras seguindo consignas no chan, como si saltaran na rayuela..

-ACTIVIDADES CON PELOTAS GRANDES E PEQUENAS: con pelotas pequenas se tendes de espuma, apretar forte coa man, relaxar, facéndoo varias veces con cada unha das mans. Encestar en caixas, a diferentes distancias e alturas. Lanzala cara arriba e collela sin que bote., lanzala e collela botando. Pasar a pelota dunha man á outra, pasarlla a outro polo aire, con bote, rodando polo chan, pasarlla co pe.

Como vedes, cousas sinxelas e accesibles que seguramente a maioría xa levastes a cabo, porque algo que necesitan nestas idades é moverse.

Noutras entradas darei outras ideas e tamén haberá máis videos como o de hoxe, por si vos gusta e apetece bailar!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS