luns, 29 de abril de 2019

MAURO de maior quere ser.....



O seguinte en levar o libro viaxeiro foi MAURO, que nos contou que él de maior quere ser......

POLICÍA LOCAL!!






Mauro explicounos que hai dous tipos de policías, os locais e os nacionais e limos no seu libro cales son as diferencias entre uns e outros.

Ademáis axudou a ilustrar o seu traballo e ata puidemos tirar dunha cartolina para velo en acción no seu coche de policía.


Como sempre facemos, o describimos, o debuxamos e confeccionamos o acróstico co seu nome.




venres, 26 de abril de 2019

Saída a MUSEO e TEATRO de Pontevedra.





Este venres 26 visitamos o museo de Pontevedra.





O día anterior estivemos mirando algunhas fotos do museo na pizarra dixital e falando do que alí nos podíamos atopar así como de normas básicas necesarias para poder visitar un museo.


Estabamos moi entusiasmados na visita xa que unha parte da mesma trataría sobre os CASTROS celtas e algún que outro aspecto máis desta civilización, que é a do noso proxecto.

E así foi!!




Alí vimos fotografías e pequenas maquetas con respresentacións das casas e castros celtas, imaxes do tipo de vida e profesións básicas, alimentos, vestimentas e a nosa guía, Maruxa, quedou ben sorprendida de que soubéramos tantas cousas sobre os celtas.






Tamén puidemos probarnos un TORQUE dourado, como os que os celtas máis ricos levaban postos.









Puidemos tocar distintos materiais, tanto desta civilización, como da dos romanos, dos que tamén nos falou Maruxa, que foron os que introduciron a escritura, o viño ou as moedas.















Maruxa tamén nos falou sobre a Prehistoria e os petróglifos e vimos a mostra dun deles  gravado en pedra.










Á saída do teatro merendamos na praza de Mugártegui e tivemos que marchar ben rapidiño ata o teatro da Fundación, así que nos dimos un moi bo paseo polo casco vello, que estaba cheo de xente.






No teatro desfrutamos dunha obra divertidísima, e unha adaptación excelente da historia do "parrulo feo".






Pasámolo de medo e ó chegar a escola tivemos o noso momento de lecer despois dunha mañá tan axetreada!!

Para ver máis fotos premede na seguinte imaxe



martes, 23 de abril de 2019

Unha mañá chea de sorpresas




Esta mañá o noso compañeiro Alejandro agasallounos con algo moi especial que a súa nai confeccionou nestas vacacións para nós.


Tratábase duns xogos de facer parellas ou de memoria, feitos con distintos símbolos celtas.




En total son cinco xogos distintos, diferenciados cada un pola cor das tarxetas, para poder telos clasificados e gardados.

Alejandro nos dixo que era un para cada equipo, catro, e un a maiores para os recantos.

Encantáronnos!!!

E despois de rematar a tarefa do día, xa os estrenamos.






Moitas gracias Sheila!!

Este tipo de xogos nos encantan así que lle daremos moito uso!


Ademáis a nosa compañeira Ana, preparou nas vacacións unas marionetas en papel para suxeitar nos dedos, que tamén nos gustaron moito e Ana nos dixo moi orgullosa mentres as repartía, que o fixo todo todiño ela sóa!!





Gracias Ana!!! E noraboa por todo o que traballaches para compartilo con nós!






Ademáis todos estabamos ansiosos por falar de todas as cousas que fixemos nestas vacacións:
viaxes a diferentes lugares,  reencontró con primos e amigos que están lonxe, a praia, parques de atraccións, cine, caídas ......sucederon moitas cousas nestes días.


Cecilia contounos que estivo no monte Tecla de A Guarda, onde visitou os castros celtas e ensinounos algunhas fotos que fixo alí coa súa familia.





Así recordamos que alí tamén estiveron algúns compañeiros como Mauro ou Ariadna, que recoñecían o que aparecía nas fotos. Cecilia elixiu unha para imprimir e pegar no noso mural dos Celtas.


Tamén hoxe recordamos que o venres iremos ó Museo de Pontevedra e ó teatro.
Canta actividade!!!


E recibimos unha carta de Rufiño explicándonos que hoxe era o DÍA DO LIBRO e que para celebralo, en canto a chuvia marche, levaremos a biblioteca ó patio para ler relaxados ó aire libre durante varios recreos.
Que ilusión nos fixo!!!



E a mañán aínda deu para moito máis.
Recordamos o último experimento que levamos a cabo, OS LÍQUIDOS QUE NON SE XUNTAN,





 e cubrimos o dossier.




E no desdoble a metade quedamos na aula en robótica, e por parellas fomos indicando con distintas tarxetas, o percorrido que queríamos que beebot fixera.
O máis importante era que tiñamos que verbalizar cada orde e estar ben atentos para indicala ben, sobre todo cos xiros, a dereita e a esquerda.









Mañán o outro grupo levará a cabo esta actividade.

Pero que mañá máis intensa!!!




venres, 19 de abril de 2019

Divertímonos con beebot




Nas últimas sesións pasámolo moi ben creando percorridos para bee bot coas pezas de construir.

Entre todos construímos o percorrido, colocando de un en un varias pezas de cada vez.

Os equipos Jurasic World e Picachu traballaron xuntos






E os equipos Ganadores e Super héroes noutra sesión fixeron a mesma actividade.






Aquí vos deixamos un breve video no que unha compañeira axuda a outro  compañeiro guiándoo nos pasos que debe seguir para "programar" no robot o percorrido.


                                   


Á volta das vacacións máis!!


sábado, 13 de abril de 2019

Día de teatro no cole e nós somos os protas!!



Este luns pasado o noso grupo representamos para todos os compañeiros de Infantil dúas obriñas que durante este trimestre estivemos preparando coa profe María, nas sesións nas que desdobramos.

Así, a metade de nenos representamos "A cebra Camila" e a outra metade "A mellor sopa do mundo".





Pero para actuar o día esperado, houbo que ensaiar moito, preparar atrezzo, escenario e demáis...e ata preparamos unha invitación para casa e outra para cada aula de infantil.




Ademáis ese mesmo día, pero pola tarde, tamén representamos as obras para as nosas familias.
Que emoción e que nerviossss!!!






Agradecemos a vosa asistencia e para aqueles/as que non puidestes estar, podedes ver as grabacións,
premendo en cada unha das imaxes dos contos.



Pasámalo xenial!!

Gracias profe María por esta estupenda experiencia!!










Actividade cooperativa: lápices ó centro.



A última actividade cooperativa que levamos a cabo estivo basada na estructura "lápices ó centro".


Como estivemos con vocabulario sobre animais domésticos e salvaxes, nesta ocasión a proposta era a seguinte:

*DECIDIR ENTRE TODOS  DOUS ANIMAIS  SALVAXES E DOUS ANIMAIS DOMÉSTICOS.

*MONTAR O NOME DO PRIMEIRO  CON LETRAS MÓVILES DAS PIZARRAS E UNHA VEZ MONTADO







*CADA UN NO SEU FOLIO, COPIAR O NOME E DEBUXAR ESE ANIMAL.








MENTRES TODOS NON REMATABAMOS, NON SE PODÍA CONTINUAR E UNHA VEZ TODOS REMATAMOS, OS LÁPICES DEBÍAN VOLVER Ó CENTRO E PASAR Ó SEGUINTE ANIMAL.

A actividade a fixemos en dúas sesións diferentes, xa que falar e decidir, organizarse para colaborar todos, esperarse porque non todos levamos o mesmo ritmo...todo isto levou o seu tempo.

Finalmente valoramos a través das tarxetas das cariñas, como foi a nosa participación e se traballamos tranquilos.




ENTRADAS