domingo, 31 de outubro de 2021
mércores, 27 de outubro de 2021
xoves, 21 de outubro de 2021
DESCUBRINDO A RUFIÑO!!- ALUMNADO DE 3 ANOS
Os compañeir@s de 3 anos hai xa un mes que comezaron e entre todas as cousas, lugares, expazos, persoas....que coñeceron está alguén moi especial: RUFIÑO.
A súa profe Belén lles ensinou a biblioteca por primeira vez e á súa mascota, Rufiño, un pito moi moi especial.
Pero...quen é en realidade este Rufiño??
Coa profe Ángela, nun dos desdobres semanais, iniciamos un pequeno proxecto en torno a este personaxe e estas son algunhas das actividades que levamos a cabo para que a motivación estea moi arriba!
Comezamos descubrindo a Rufiño, a partir dunha imaxe oculta na que progresivamente iamos destapando casillas ata averiguar quen estaba escondido. Polo camiño, entre casilla e casilla, facíamos as nosas primeiras hipóteses.
Entre esta imaxe e o recordo que tiñamos de Rufiño do día que o vimos na biblioteca, falamos das cousas que sabíamos sobre é.
-É UN POLO.
- É AMARELO
-TEN UN PETEIRO-
- TEN DÚAS PATAS.
-GÚSTANLLE OS LIBROS
O debuxamos tamén e mentres andabamos nestas tarefas, veunos visitar un amigo seu, o Polo Pepe, e bailamos e cantamos co conto, a canción e incluso coa marioneta que tiña Ánxela.
Tamén lle fixemos comida a Pepe o día que nos visitou. Coa plastilina, pellizcándoa co noso peteiro feito cos dedos, xuntamos moitos grans de millo e trigo. E moldeando cas mans, fixemos vermiños pequeniños, que tamén lle gustaron moito.
Ánxela propúxonos que podíamos volver á biblioteca e buscar a Rufiño pois desde a primeira vez xa non o volvimos a ver e díxonos que si todos nos convertemos en pitiños quizais Rufiño salga do seu escondite e queira xogar con nós.
Así que estamos confeccionando uns complementos de pito para cando o vaiamos buscar.
Pegaremos nunha cinta, unha cabeza de pito que estamos pintando, co seu peteiro e lle engadiremos os ollos e os peliños igual que Rufiño.
Vos ensinaremos como quedaron dentdro de moi pouco!
sábado, 16 de outubro de 2021
ARTE 3 ANOS- MISTURA DE CORES ESTAMPANDO CON GLOBOS
Os de 3 anos comezamos as sesións de arte.
Inicialmente participamos nun mural conxunto, no que por turnos pintamos con globos, misturando as distintas cores. As cores estaban en pratos de cartón, nos que tiñamos que mollar o globo para poder pintar logo no mural e estampar a pegada.
O segundo grupo continuou coa actividade.
Ademáis nunha seguinte sesión cada un pintou individualmente nun papel cos globos e as témperas. Se elixiron dúas cores que se misturaban ó estampar cos globos.
Quedaron uns cadros moi chulos e asombrounos ver a cor final que resultaba da mistura.
luns, 11 de outubro de 2021
RECANTO DE CORREDOR COS DE 3 ANOS- COMEZAMOS!!
Os compañeiros de 3 anos visitaron por primeira vez o recanto de corredor.
O fixeron en pequenos grupos de 6 e comezamos con pouco material para pouco a pouco ir familiarizándose coa dinámica deste recanto.
PRIMEIRO GRUPO
SEGUNDO GRUPO
TERCEIRO GRUPO
CUARTO GRUPO
ENTRADAS
-
Desde a última publicación pasou un tempo xa e nos atopamos no fin de curso. Aquí vos deixo algunhas das actividades que levamos a cabo na...
-
Comezamos maio cun reto co que seguro vos divertides moito participando!! Se pinchades enriba da foto, podedes saber un pouco máis ...
-
AHÍ VAN UN PAR DE APORTACIÓS EN TORNO AOS ALIMENTOS. UN BREVE VIDEO CO QUE PODEDES CANTAR E XOGAR COAS MANS, E POR SUPOSTO...