Os compañeir@s de 3 anos hai xa un mes que comezaron e entre todas as cousas, lugares, expazos, persoas....que coñeceron está alguén moi especial: RUFIÑO.
A súa profe Belén lles ensinou a biblioteca por primeira vez e á súa mascota, Rufiño, un pito moi moi especial.
Pero...quen é en realidade este Rufiño??
Coa profe Ángela, nun dos desdobres semanais, iniciamos un pequeno proxecto en torno a este personaxe e estas son algunhas das actividades que levamos a cabo para que a motivación estea moi arriba!
Comezamos descubrindo a Rufiño, a partir dunha imaxe oculta na que progresivamente iamos destapando casillas ata averiguar quen estaba escondido. Polo camiño, entre casilla e casilla, facíamos as nosas primeiras hipóteses.
Entre esta imaxe e o recordo que tiñamos de Rufiño do día que o vimos na biblioteca, falamos das cousas que sabíamos sobre é.
-É UN POLO.
- É AMARELO
-TEN UN PETEIRO-
- TEN DÚAS PATAS.
-GÚSTANLLE OS LIBROS
O debuxamos tamén e mentres andabamos nestas tarefas, veunos visitar un amigo seu, o Polo Pepe, e bailamos e cantamos co conto, a canción e incluso coa marioneta que tiña Ánxela.
Tamén lle fixemos comida a Pepe o día que nos visitou. Coa plastilina, pellizcándoa co noso peteiro feito cos dedos, xuntamos moitos grans de millo e trigo. E moldeando cas mans, fixemos vermiños pequeniños, que tamén lle gustaron moito.
Ánxela propúxonos que podíamos volver á biblioteca e buscar a Rufiño pois desde a primeira vez xa non o volvimos a ver e díxonos que si todos nos convertemos en pitiños quizais Rufiño salga do seu escondite e queira xogar con nós.
Así que estamos confeccionando uns complementos de pito para cando o vaiamos buscar.
Pegaremos nunha cinta, unha cabeza de pito que estamos pintando, co seu peteiro e lle engadiremos os ollos e os peliños igual que Rufiño.
Vos ensinaremos como quedaron dentdro de moi pouco!
Ningún comentario:
Publicar un comentario