sábado, 16 de outubro de 2021

ARTE 3 ANOS- MISTURA DE CORES ESTAMPANDO CON GLOBOS

 Os de 3 anos comezamos as sesións de arte.
Inicialmente participamos nun mural conxunto, no que por turnos pintamos con globos, misturando as distintas cores. As cores estaban en pratos de cartón, nos que tiñamos que mollar o globo para poder pintar logo no mural e estampar a pegada.






A medida que o mural se ía enchendo de cor, xa algunhas cores se tocaban e misturaban dando paso a outras novas diferentes.





O segundo grupo continuou coa actividade.







Ademáis nunha seguinte sesión cada un pintou individualmente nun papel cos globos e as témperas. Se elixiron dúas cores que se misturaban ó estampar cos globos.






Quedaron uns cadros moi chulos e asombrounos ver a cor final que resultaba da mistura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS